Este libro é unha obra mestra que debería estar nas mans de toda persoa que ame a literatura. Nunha das súas moitas lecturas, mostra como unha nena leva a un pícaro da man ata o mundo da fantasía. Nesta viaxe o libro vai incorporando cores e textos en cada nova páxina, cada vez máis ricos e máis vivos, que nos fan sentir o poder da literatura ata deixarnos cos peliños dos brazos de punta. Cada paisaxe está construída con textos de obras da literatura universal relevantes. O monstro está feito de textos de Frankenstein e Drácula… A cova do tesouro, con textos de Gulliver e da Illa do Tesouro… Así, Oliver Jeffers e Sam Winston constrúen un libroobxecto-peza de arte que nos reconforta e nos dá a esperanza que precisamos a aquelas que pensamos que a literatura nos axuda a construírmos un mundo mellor.
Autor: Oliver Jeffers
Ilustradora: Sam Winston
Traductoras: Laura Sáez, Mónica Pazos
Páxinas:32
Idioma: Galego
Editora: Patasdepeixe