Sabes de onde sacan as bruxas os seus poderes? Todo comezou nunha aldea máxica, onde unha cativa chamada Moira recibiu unha marabillosa reliquia máxica. Pero por máis que o intentaba, non era quen de facer brillar os seus poderes como o facía a súa amiga Lúa. As súas pocións non refulxían, os seus feitizos fracasaban e todo o que facía parecía saír mal. Por sorte, cun chisco de axuda da súa amiga, Moira descubriu a forma de facer que a maxia que levaba dentro estalase.
- Autora: Beatrice Blue
- Traducción: Iolanda Mato Creo
- Editorial: Triqueta Verde
- ISBN: 9788418687532
- Nº de páginas: 40